En canto ao sector comercio, en Narón, podemos dividir en 3 grandes grupos este sector:
- O comercio do motor, que inclúe a compra, venda e o comercio maiorista e minorista.
- O comercio ao por maior, no que podemos destacar a venda de bebidas, outro tipo de maquinaria e equipo e o de madeira, materiais de construción e aparatos sanitarios.
- E o comercio ao por menor, destacando as tendas de ferretería, pintura e vidro, mobles, aparatos de iluminación e artigos de uso doméstico e como non, o de prendas de vestir en establecementos especializados.