Se tes unha empresa ou queres emprender o Concello de Narón dispón para ti de ferramentas que axilizan a mellora ou posta en marcha do teu proxecto.
En Narón xeramos eventos de promoción das empresas, traballamos para xerar sinerxias e aumentar colaboración entre as diferentes entidades que axudan a conformar o tecido empresarial de Narón e da comarca.
Dentro destas estratexias aproveitamos as novas canles de comunicación, axudando e fomentando a creación de xornadas que axuden a dar visibilidade aos proxectos, apostando de xeito claro pola calidade.